Durante todo o curso contamos con actividades no tempo de recreo para aumentar a cantidade de actividade física do noso alumnado. Os Luns: Patíos Inclusivos (Dirixidos principalmente polo alumnado de 6º curso) Os Martes: Patios cooeducativos (con xogos alternativos) Os Mércores: Pátios dinámicos (Educación Infantil) Os Xoves: Clube de xadrez e baile. Os venres: Clube de Baile en infantil Durante toda a semana houbo préstamos de material deportivo nos recreos e bicicletas e patinetes en Infantil.
Antes do asalto final ó Colexio de Tarrio, e despois de pasar polo aeroporto o noso superhéroe achégase ata o centro de saúde de Tarrio, xa que está moi interesado en coñecer diferentes técnicas de primeiros auxilios e así estar ben preparado por si hai que empregalas durante, ou ó rematar, a batalla. Unha desas técnicas, e moi importante, é a RCP Básica , que é a protagonista do reto de hoxe. Para este reto precisades unha pelota ou un peluche (dun tamaño que nos permita apoiar as nosas mans enriba). Esta pelota ou peluche simulará unha persoa que se atopa sobre o chan, e faredes un video seguindo os seguintes pasos: 1º- En 1º lugar gritaremos pedindo axuda e simularemos que estamos chamando ó 112 2º- Teremos que valorar si esa persoa está consciente ¿Cómo se valora si unha persoa está Consciente? 3º- Veremos se respira ¿Cómo ver se unha persoa respira e qué facer si res...
Chegou o momento de recuperar o que é noso¡¡😠 Chegou o momento de recuperar o noso colexio¡¡🏀🎵🏁 Sonic ten que chegar antes que o Dr. Eggman ó final do taboleiro de xogo, e así conseguir a súa arma secreta, a Supervoltereta, que combinada con toda a enerxía que logrou gracias ós vosos retos, lle servirá para derrotar ó maléfico Dr. Neste reto contades cun taboleiro, que podedes descargar ou ter diante nunha Tablet ou pc. Cada casilla do taboleiro está formada por un código QR, que debedes escanear para chegar a un reto sinxelo, pero con límite de tempo. Cada reto superado supón que avancedes 2 casillas. Cada reto non superado supón que retrocedades 1 casilla. O Dr. Eggman conseguiu completar o taboleiro empregando únicamente 15 casillas, incluida a primeira, que é onde todos comezamos o xogo. Para conseguir a supervoltereta, e por tanto derrotar ó doutor debedes gravar un pequeño video facendo algúns dos retos e enviárnoslo ó noso correo. Moita Sorte.🍀🍀🍀 ...
🙈🙈🙈😂😂😂 Imooos! É moi divertido. Animádevos!
ResponderEliminarJAJAJA, geniales!!!
ResponderEliminar