RUTIS (Reto 3)

¡AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ENVIAR OS VOSOS RETOS 1 E 2!

Gracias a vosa axuda, coa superación dos retos anteriores, temos reconquistada a parroquia do Burgo. Agora mesmo o noso superheroa Sonic se atopa camiño de Rutis.


Nesta parroquia sobresae o Pazo de Vilaboa, que gracias ós seus muros, torreóns e almenas recordan ós antigos castelos medievais. Actualmente serve como restaurante e para a celebración de numerosos eventos.
De camino ó pazo de Vilaboa pasamos por unas das xoias históricas de Culleredo, os Muiños de Acea de Ama, que gracias á forza das mareas servían para producir fariña.
Gracias á fariña temos grandes productos característicos da nosa zona, como o famosos pan de Vilaboa, ou as famosas trenzas.
Precisamente o seguinte reto vai de alimentación. Podedes descargar ó final desta explicación unhas fichas para cubrir dependendo do que comades os próximos días, se o cubrides con 3 días obteredes un anel, se facedes as 5 pirámides teredes 2 anéis. 
Nestas fichas aparecen unas pirámides alimenticias para cubrir igual que o exemplo da 1ª pirámide da ficha.
Como aparte de comer ben tamén hai que adestrar vos adxunto enlace a otros videos de adestramento dos vosos superhéroes.
Para superar este reto teredes que enviarnos una foto, un escaneado, etc das pirámides cubertas ós nosos correos.

Sandra: sandraef@ceiptarrio.net (3º C)
Fran: francisco.rodal.abal@ceiptarrio.net


Fichas alimentación/pirámides: PIRÁMIDE

Para axudarvos suxerímosvos que xoguedes ós seguintes xogos:

Adestramentos:

1. Adestra como un Jedi: Jedi
2. Adestra coma os Vengadores: Vengadores
3. Adestra coma Harry Potter: Harry Potter
4. Baila coma en Fortnite: Fortnite

RECORDADE QUE TODOS OS LÚNS, MÉRCORES E VENRES LECTIVOS TEREDES UN NOVO RETO E QUE AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ENVIAR OS DA SEMANA PASADA

Comentarios

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)