A PONTE ROMANA (flex challenge, reto 17)

Seguimos no curso do Rio Valiñas, o cal no seu último tramo, antes de desembocar no Rio Mero delimita a separación entre os concellos de Culleredo e Cambre.

Para cruzar este rio, na Parroquia de Almeiras en parte, e noutra parte xa en Cambre, contamos coa ponte romana sobre o Rio Valiñas, que tamén é punto de paso do Camiño Inglés a Santiago

Se outro día falabamos das tribus Celtas, nesta ocasión falaremos da civilización que viu posteriormente, os romanos.

Os romanos eran grandes guerreiros e atletas, polo que resultan interesantes para o noso superhéroe. Posuían una gran forza, resistencia e velocidade, así como una boa axilidade e flexibilidade.


O reto de hoxe ten que ver con esta última capacidade e chámase flex challenge, consiste en tumbarse boca arriba  tratar de poñerse sentado, ou de pé sen empregar para nada as mans. Previamente á realización do reto debedes realizar un quecemento, do cal nos podedes dar mostras cunha foto dos exercicios que ides empregar (escritos).

Posteriormente podedes realizar o reto segundo o seguinte exemplo, ou o que vos fago no video.

Exemplo

Como curiosidade destacar que realmente esta ponte é da época do medievo, polo que tamén é coñecida como a Ponte medieval de Alvedro ou de a Xira.

Entonces... Por qué se lle chama romana? 🙋🙋🙋

Existen escrítos do século XVII que fan referencia esta ponte como a "ponte nova", o cal fai crer que anteriormente existía outra ponte no seu lugar ou nas proximidades, que podría ser o relevo dunha ponte romana, como sostiña Cardeso Liñares

Nesta ocasión, e debido a incorporación da mestra Cris, podedes enviar os vosos videos ós seguintes correos:

Cris: cristinacubacarracedo@ceiptarrio.net (3º C)

Fran: francisco.rodal.abal@ceiptarrio.net

Aproveito tamén a ocasión para desexarlle a mestra Sandra a mellor das sortes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)