IOGA NO CASTELO DO XALO (reto 10)

Comezamos una nova semana pero o noso superhéroe, sorprendido pola beleza do Monte Xalo sigue explirando cada una das súas pedras e sobretodo miradores naturales. Deste modo está ollando o camiño máis seguro a percorrer para chegar ó Cuartel Xeral do Dr. Eggman, situado no colexio de Tarrio.




Un deses miradores, situado a 200 metros do Petón, nos repetidores e antenas de radio e televisión, permite ter vistas dos concellos de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Oleiros e incluso con bo tempo Ferrol. (Mirador do Monte Xalo)

Este e o punto máis alto do noso concello, o máis cercano ó sol, e polo tanto este reto vai de saudar ó sol.


Para conseguir o anel pertencente a este reto debedes realizar 5 saúdos ó sol consecutivos, tal e como se amosan no seguinte video: Video saúdo ó sol

A mellor forma de chegar é a través de Castelo (se ides en coche) ou a través da ruta de sendeirismo  PR_G 111 Arteixo-Xalo-Paleo.

Debemos destacar tamén da parroquia de Castelo, a fundación Castelo Deporte, gran dinamizadora do entorno do Monte Xalo con eventos tan populares e multitudinarios como a Travesía do Xalo.

Unha vez realizados os saúdos podedes mandalos ós nosos correos.

E por suposto, cando teñades a ocasión, podedes ir a visitar este punto e a realizar moitas das rutas de sendeirismo que podemos atopar no Xalo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)