MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

Trasladámonos agora ós montes da Zapateira, onde nos concellos de A Coruña, Arteixo e Culleredo atopámonos cun campo de golf.


O golf é un deporte no medio natural que consiste en introducir una pelota nun buraco no menor número de golpes comezando dende un lugar concreto.
Normalmente os campos de golf teñen 9 ou 18 percorridos diferentes e nun torneo gaña o xogador que menos golpes realice no conxunto dos percorridos.
Tamén é un xogo que permite xogar a profesionáis e aficionados ó mesmo tempo e case en igualdade de condicións, xa que ós aficionados ó final do percorrido descóntanselle una serie de golpes, conocidos como Hándicap, que podemos decir que é o nivel que ten cada un. Canto menor é o Hándicap mellor é o golfista.
Neste reto construiredes os vosos paus de golf e determinaredes onde tedes que introducir a pelota (mellor que sexa un elemento móvil para poder cambiar os percorridos).
Podedes facer cantos percorridos queirades e incluso xogar coa familia.

Unha vez realizado o reto podedes mandar un video ós nosos correos, ou tamén fotos dos vosos paus de golf e do uso que facedes dos mesmos:

Sandra: sandraef@ceiptarrio.net (3º C)
Fran: francisco.rodal.abal@ceiptarrio.net


Recordade que aínda podedes enviar os retos anteriores e que cada luns, mércores e venres teredes un novo reto.


Comentarios

  1. Respuestas
    1. Non é obligatorio disfrazarse. O importante é pasar un bo rato xa que estamos confinados na casa.

      Eliminar
  2. Hola Fran: soy Iván SEOANE ahí te mando mi reto,mucho ánimo👋🏼👋🏼

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)