A MALLA, UN TRABALLO MOI RÍTMICO (Reto 15)

Para axudar ó noso superhéroe neste reto imos facer referencia a un traballo que tiña lugar fai anos para separar o gran da palla nos diferetes cereais. Este traballo chamábase a malla e era moi habitual nas parroquias de Sésamo e Sueiro  (lugar onde se atopa o noso superhéroe).

Tiña lugar en Agosto, e consistía en golpear cun mallo e sobre una sábanas o cereal, para logo recoller o gran. 

Tratábase dun traballo onde era importante manter un ritmo constante e una boa coordinación cos compañeiros, como sucede e moitos deportes, como por exemplo a ximnasia rítmica.


O reto de hoxe consiste en elaborar una coreografía de 1 minuto empregando a música de Queen, concretamente o "We Will rock you", e acompañando os diferentes pulsos da música con golpeos, como se facía na malla. Para esta finalidade podedes empregar botellas de plástico, elaborar mazas, etc.

Percusión aparte, a presencia de música sempre é una boa escusa para bailar e pasalo ben, polo que podedes engadir os pasos de baile que queirades.


A malla: Malla
Elaboración de mazas: Mazas

Comentarios

  1. Hola Fran:
    Outro reto feito,este maís movido,a ver que che parece,saudos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)