PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)
Antes do asalto final ó Colexio de Tarrio, e despois de pasar polo aeroporto o noso superhéroe achégase ata o centro de saúde de Tarrio, xa que está moi interesado en coñecer diferentes técnicas de primeiros auxilios e así estar ben preparado por si hai que empregalas durante, ou ó rematar, a batalla.
Unha desas técnicas, e moi importante, é a RCP Básica, que é a protagonista do reto de hoxe.
Para este reto precisades unha pelota ou un peluche (dun tamaño que nos permita apoiar as nosas mans enriba). Esta pelota ou peluche simulará unha persoa que se atopa sobre o chan, e faredes un video seguindo os seguintes pasos:
1º- En 1º lugar gritaremos pedindo axuda e simularemos que estamos chamando ó 112
2º- Teremos que valorar si esa persoa está consciente ¿Cómo se valora si unha persoa está Consciente?
3º- Veremos se respira ¿Cómo ver se unha persoa respira e qué facer si respira (PLS)?
4º- Se non respira faremos a RCP como se pode ver no seguinte exemplo: Exemplo
Como moitas das actividades de Educación física as comprensións tamén son un traballo moi rítmico, polo que vos deixo unha "playlist" con diferentes cancións que podemos ter en conta para seguir o seu ritmo á hora de comprimir:
1. Stayin Alive
2. Macarena
Hola soy Thais de 3C esto lo hay que hacer con globos yo no tengo.Gracias
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar