Durante todo o curso contamos con actividades no tempo de recreo para aumentar a cantidade de actividade física do noso alumnado. Os Luns: Patíos Inclusivos (Dirixidos principalmente polo alumnado de 6º curso) Os Martes: Patios cooeducativos (con xogos alternativos) Os Mércores: Pátios dinámicos (Educación Infantil) Os Xoves: Clube de xadrez e baile. Os venres: Clube de Baile en infantil Durante toda a semana houbo préstamos de material deportivo nos recreos e bicicletas e patinetes en Infantil.
Antes do asalto final ó Colexio de Tarrio, e despois de pasar polo aeroporto o noso superhéroe achégase ata o centro de saúde de Tarrio, xa que está moi interesado en coñecer diferentes técnicas de primeiros auxilios e así estar ben preparado por si hai que empregalas durante, ou ó rematar, a batalla. Unha desas técnicas, e moi importante, é a RCP Básica , que é a protagonista do reto de hoxe. Para este reto precisades unha pelota ou un peluche (dun tamaño que nos permita apoiar as nosas mans enriba). Esta pelota ou peluche simulará unha persoa que se atopa sobre o chan, e faredes un video seguindo os seguintes pasos: 1º- En 1º lugar gritaremos pedindo axuda e simularemos que estamos chamando ó 112 2º- Teremos que valorar si esa persoa está consciente ¿Cómo se valora si unha persoa está Consciente? 3º- Veremos se respira ¿Cómo ver se unha persoa respira e qué facer si res...
O noso superhéroe xa coñece o camiño que vai percorrer para chegar ó Cuartel Xeral do Dr. Eggman (o Colexio de Tarrio). Unha vez abandoado o Monte Xalo decide coller o Rego das Xesteiras. O rego das Xesteiras é un itinerario fluvial moi fermoso no que podemos atopar os restos de 11 muiños, dos que antigamente se empregaban para moer o gran de millo e obter fariña. Durante o tempo que duraba a moa, ou que tocaba esperar, solían realizarse diferentes tarefas, actividades, xogos e bailes. Precisamente a orixe do baile tradicional por excelencia en Galicia, a muiñeira, tivo lugar nestes entornos. Este reto vai de bailar, e vai de muiñeira . Si seguides o blogue de E. musical ( Blogue E. musical ), xa coñecedes o reto. De non ser así a continuación amosámosvos una pequeña explicación deste baile (preme na imaxe): Tamén tedes un video explicativo, onde dúas grandes artistas como Patri e Sandra se animan a ensinarvos algúns puntos: Ó igual que nos retos ant...
🙈🙈🙈😂😂😂 Imooos! É moi divertido. Animádevos!
ResponderEliminarJAJAJA, geniales!!!
ResponderEliminar