EN VEIGA, ENTROIDO E RUTA MARIÑANA (reto 7)

Canto lle gustaron a Sonic os vosos xogos para o reto 6¡¡¡.


Neste novo reto o nosos superhéroe xa se atopa na parroquia de Veiga.
Desta parroquia debemos destacar a antiga estación de tren, no núcleo de Bregua.
Tamén podemos destacar que é o punto polo que entra o ría Valiñas no noso concello.
Que posúe un dos entroidos máis ancestrais e característicos da zona.
Varias rutas e sendeiros, de entre os que destacaremos a Ruta Mariñana, que será a que siga o noso superhéroe.

Neste reto, o reto do 3, para conseguir os diferentes anéis debedes durante 3 días realizar 3000 pasos, ou 3000 metros ou 30´camiñando cada un dos días.
Para darlle un toque a Entroido o podedes facer usando algún disfraz, ou cando menos algún complemento.
Podedes enviar as vosas fotos/videos ós nosos correos. Do mesmo modo tamén podedes enviar alguna foto do aparello co que rexistredes o obxectivo (reloxo, pulseira de actividade, cronómetro, etc).

As persoas que rexistren a súa actividade, e o desexen, tamén poden doar os seus km para loitar contra o Coronavirus no seguinte enlace https://app.iwopi.org/causas/629

Comentarios

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)