A BATALLA POLO COLEXIO (reto 24)
Chegou o momento de recuperar o que é noso¡¡😠
Chegou o momento de recuperar o noso colexio¡¡🏀🎵🏁
Sonic ten que chegar antes que o Dr. Eggman ó final do taboleiro de xogo, e así conseguir a súa arma secreta, a Supervoltereta, que combinada con toda a enerxía que logrou gracias ós vosos retos, lle servirá para derrotar ó maléfico Dr.
Neste reto contades cun taboleiro, que podedes descargar ou ter diante nunha Tablet ou pc. Cada casilla do taboleiro está formada por un código QR, que debedes escanear para chegar a un reto sinxelo, pero con límite de tempo.
Cada reto superado supón que avancedes 2 casillas. Cada reto non superado supón que retrocedades 1 casilla.
O Dr. Eggman conseguiu completar o taboleiro empregando únicamente 15 casillas, incluida a primeira, que é onde todos comezamos o xogo.
Para conseguir a supervoltereta, e por tanto derrotar ó doutor debedes gravar un pequeño video facendo algúns dos retos e enviárnoslo ó noso correo.
Moita Sorte.🍀🍀🍀
Taboleiro de Xogo:
IMPORTANTE: A PRÓXIMA SEMANA COÑECEREMOS Á CLASE QUE MÁIS RETOS SUPEROU (MÉRCORES) E ÓS ALUMNOS DE CADA CLASE QUE MÁIS ANÉIS LOGRARON (XOVES), POLO QUE TEDES ATA O MÉRCORES 17 PARA MANDAR OS RETOS ATRASADOS.
Comentarios
Publicar un comentario