MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

O noso superhéroe xa coñece o camiño que vai percorrer para chegar ó Cuartel Xeral do Dr. Eggman (o Colexio de Tarrio).
Unha vez abandoado o Monte Xalo decide coller o Rego das Xesteiras.



O rego das Xesteiras é un itinerario fluvial moi fermoso no que podemos atopar os restos de 11 muiños, dos que antigamente se empregaban para moer o gran de millo e obter fariña.

Durante o tempo que duraba a moa, ou que tocaba esperar, solían realizarse diferentes tarefas, actividades, xogos e bailes. Precisamente a orixe do baile tradicional por excelencia en Galicia, a muiñeira, tivo lugar nestes entornos.

Este reto vai de bailar, e vai de muiñeira. Si seguides o blogue de E. musical (Blogue E. musical), xa coñecedes o reto. De non ser así a continuación amosámosvos una pequeña explicación deste baile


(preme na imaxe):
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/muinoscelas/


Tamén tedes un video explicativo, onde dúas grandes artistas como Patri e Sandra se animan a ensinarvos algúns puntos:


Ó igual que nos retos anteriores debedes enviar os vosos videos ó nosos correo para recibir o ansiado anel que axude a Sonic a recuperar Culeredo.
Do mesmo modo, tamén debedes subir o video ó enlace do blogue de E musical (se non o fixéchedes) E. musical.

Un saúdo e moita sorte.

Información de interese sobre O Rego das Xesteiras

Comentarios

  1. Respuestas
    1. perdon soy carlos y ya envie el reto a patri

      Eliminar
  2. Hola Fran:
    Cómo vas? Este reto gustoume moito,foi moi fácil e divertido,un saudo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)