5 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE (reto 21)

Xa estamos ás portas do colexio de Tarrio e o noso superhéroe está asombrado pola fermosura do zona, onde pode observar moitos dos lugares polos que pasou durante toda esta etapa (os Castelo do Xalo e de Veiga, Os montes da Zapateira ou o propio contorno de Tarrio).

Precisamente hoxe é o día máis apropiado para valorar e respetar a flora e a fauna do concello, así como a de calquera outro ecosistema da nosa Terra, xa que o 5 de Xuño conmemórase o Día Internacional do Medioambiente.


Neste contexto Sonic estase acordando dunha serie de cancións (gustalle moito a música e o baile) e proponse facer alguna das coreografías que preparou a profesora Cris:


Madre Tierra

Bajo un mismo Sol


Sería preferible realizar as mesmas no medio natural, se hai posibilidades de ter música.

Como tamén sei que moitos de vos sodes un pouco timidillos/as e como xa estamos chegando ó final desta aventura, tamén podedes facer un video xogando no medio natural e explicando porqué o considerades importante.


Un saúdo e nos vemos o luns coas pilas cargadas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)