O BURGO DE FARO (reto 2)

O noso superhéroe Sonic chega a Culleredo a través da Ría do Burgo, ou como se coñecía na Idade Media o Burgo de Faro, un porto máis importante que o da propia cidade da Coruña, así non é casualidade que na actualidade se realice una feria templaria ou medieval.



Algunhas das actividades deportivas máis habituais na Idade Media erán os xogos malabares e o xogo de palma.

1. Para este reto podes construir os teus propios malabares (bolas, mazas, paus chinos, aros, cariocas, diábolos, zancos...), ou empregar material que teñas na casa (papel hixiénico, rotuladores e ceras, témperas...)

 2. Unha vez contedes cos malabares podedes comezar a facer actividades de lanzamento e recepción, golpeo coa man, golpeo cos pés… A continuación vos deixo algún exemplo

3. Outra das actividades características da época dourada do Burgo do Faro era o xogo de palma, predecesor de deportes coma o tenis.
Consiste en golpear una pelota con algún artefacto. Podedes fabricar as vosas propias raquetas, sticks, etc. e xogar a golpear unha pelota o maior número de veces. A continuación vos deixo algún exemplo, aínda que tamén podedes ser orixinais nas vosas creación.

4. Unha vez fabricados podedes darlle uso, como fai por exemplo a profesora Silvia

Para superar este reto podedes realizar un video realizando os vosos malabares ou implementos, e incluso dándolle uso ós mesmo e enviar o mesmo ó noso correo, indicando no asunto o nome d@ alumn@:

Sandra: sandraef@ceiptarrio.net (3º C)
Fran: francisco.rodal.abal@ceiptarrio.net

Un saúdo e moita sorte

RECORDADE QUE TODOS OS LUNS, MÉRCORES E VENRES LECTIVOS TEREDES UN NOVO RETO NO BLOG

Comentarios

Entradas populares de este blog

MUIÑEIRA NO REGO DAS XESTEIRAS (reto 11)

MINIGOLF DE SALÓN (reto 4)

PARADA NO CENTRO DE SAÚDE PARA APRENDER A RCP (reto 20)