O Castro de Sésamo (reto 16)
O noso superheroe segue descendendo polo Río Valiñas para lograr o seu obxetivo, recordade que conta coa vosa axuda.
Despois de vivir e coñecer a malla no reto anterior. desta volta chega ó Castro de Sésamo, onde se atoparon restos adicados á deusa celta Navia, deusa da abundancia.
Este reto vai ter apelido celta, xa que un dos xogos tradicionais galegos é o bolo celta.
Nesta ocasión debedes elaborar os vosos propios bolos, para o cal vos deixo diferentes enlaces con exemplos.
Unha vez teñades elaborados os bolos podedes xogar cos mesmos.
1. Podedes xogar tratando de derribar os mesmos no menor número de lanzamentos.2. De golpealos para que saian, ou alcancen un lugar determinado.
Como de costume podedes enviar os vosos videos ós nosos correos, e así conseguir una nova moeda que axude a Sonic a ter máis forza, resistencia, velocidade e flexibilidade de cara a batalla final pola reconquista de Culleredo.
Construcción de bolos:
Actimel y porexpan
Botellas e pelotas de pin-pon
Botellas, pintura e cinta
Xogos e regulamentos con bolos:
Bolos co cartón do papel hixiénico (elaboración e regulamento)
Regulamento oficial birlo celta
Hola Fran: outro reto feito,fixen os bolos co material que tiñamos pola casa, espero que valga así.UN SAUDO.
ResponderEliminar