A semana do 8 ao 15 de abril conmemoraremos o Día Mundial da Saúde e o Dia Da Actividade Física. Deixamos o cartel, que incorpora diferentes talleres e conferencias.
O noso superhéroe xa coñece o camiño que vai percorrer para chegar ó Cuartel Xeral do Dr. Eggman (o Colexio de Tarrio). Unha vez abandoado o Monte Xalo decide coller o Rego das Xesteiras. O rego das Xesteiras é un itinerario fluvial moi fermoso no que podemos atopar os restos de 11 muiños, dos que antigamente se empregaban para moer o gran de millo e obter fariña. Durante o tempo que duraba a moa, ou que tocaba esperar, solían realizarse diferentes tarefas, actividades, xogos e bailes. Precisamente a orixe do baile tradicional por excelencia en Galicia, a muiñeira, tivo lugar nestes entornos. Este reto vai de bailar, e vai de muiñeira . Si seguides o blogue de E. musical ( Blogue E. musical ), xa coñecedes o reto. De non ser así a continuación amosámosvos una pequeña explicación deste baile (preme na imaxe): Tamén tedes un video explicativo, onde dúas grandes artistas como Patri e Sandra se animan a ensinarvos algúns puntos: Ó igual que nos retos ant
Trasladámonos agora ós montes da Zapateira, onde nos concellos de A Coruña, Arteixo e Culleredo atopámonos cun campo de golf. O golf é un deporte no medio natural que consiste en introducir una pelota nun buraco no menor número de golpes comezando dende un lugar concreto. Normalmente os campos de golf teñen 9 ou 18 percorridos diferentes e nun torneo gaña o xogador que menos golpes realice no conxunto dos percorridos. Tamén é un xogo que permite xogar a profesionáis e aficionados ó mesmo tempo e case en igualdade de condicións, xa que ós aficionados ó final do percorrido descóntanselle una serie de golpes, conocidos como Hándicap, que podemos decir que é o nivel que ten cada un. Canto menor é o Hándicap mellor é o golfista. Neste reto construiredes os vosos paus de golf e determinaredes onde tedes que introducir a pelota (mellor que sexa un elemento móvil para poder cambiar os percorridos). Podedes facer cantos percorridos queirades e incluso xogar coa familia. Unha vez real
Antes do asalto final ó Colexio de Tarrio, e despois de pasar polo aeroporto o noso superhéroe achégase ata o centro de saúde de Tarrio, xa que está moi interesado en coñecer diferentes técnicas de primeiros auxilios e así estar ben preparado por si hai que empregalas durante, ou ó rematar, a batalla. Unha desas técnicas, e moi importante, é a RCP Básica , que é a protagonista do reto de hoxe. Para este reto precisades unha pelota ou un peluche (dun tamaño que nos permita apoiar as nosas mans enriba). Esta pelota ou peluche simulará unha persoa que se atopa sobre o chan, e faredes un video seguindo os seguintes pasos: 1º- En 1º lugar gritaremos pedindo axuda e simularemos que estamos chamando ó 112 2º- Teremos que valorar si esa persoa está consciente ¿Cómo se valora si unha persoa está Consciente? 3º- Veremos se respira ¿Cómo ver se unha persoa respira e qué facer si respira (PLS)? 4º- Se non respira faremos a RCP como se pode ver n
Comentarios
Publicar un comentario