Novamente poidemos ver o complicado que é unha vida con obstáculos. Neste caso foi unha boa actividade para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Durante todo o curso puidemos disfrutar dos patios dinámicos. Este ano dividiuse o patio en diferentes zonas: zonas con balóns, zonas de xogo de mesa e futbolín, zona de xogos coeducativos, zona de xogos con implementos, avións, zona de baile, etc. A maiores tivemos un servizo de préstamo bastante completo (zancos, cordas, avións, diábolos, botis...). A verdade que todos nos divertimos moito nos recreos!
Con motivo da celebración do Día da Educación Física na Rua (17 de abril) o alumnado foi aos exteriores do centro a realizar actividades relaxantes. Ps máis cativos foron ata o campo de fútbol, mentras que os máis maiores foron camiñando ata o parque de Culleredo.
O noso superhéroe xa coñece o camiño que vai percorrer para chegar ó Cuartel Xeral do Dr. Eggman (o Colexio de Tarrio). Unha vez abandoado o Monte Xalo decide coller o Rego das Xesteiras. O rego das Xesteiras é un itinerario fluvial moi fermoso no que podemos atopar os restos de 11 muiños, dos que antigamente se empregaban para moer o gran de millo e obter fariña. Durante o tempo que duraba a moa, ou que tocaba esperar, solían realizarse diferentes tarefas, actividades, xogos e bailes. Precisamente a orixe do baile tradicional por excelencia en Galicia, a muiñeira, tivo lugar nestes entornos. Este reto vai de bailar, e vai de muiñeira . Si seguides o blogue de E. musical ( Blogue E. musical ), xa coñecedes o reto. De non ser así a continuación amosámosvos una pequeña explicación deste baile (preme na imaxe): Tamén tedes un video explicativo, onde dúas grandes artistas como Patri e Sandra se animan a ensinarvos algúns puntos: Ó igual que nos retos ant...
Comentarios
Publicar un comentario