FRISBEE PARA DEIXAR ATRÁS ALMEIRAS (RETO19)
Como ben sabedes o noso superhéroe atópase tomando un avituallamento no parque de Alvedro . Neste punto seguro que moitos de vos acudíchedes a varios aniversarios. Precisamente o protagonista do noso seguinte reto xurdiu nun aniversario, onde os participantes comenzaron a lanzar os platos polo aire, estamos falando do frisbee. O reto de hoxe consiste en fabricar un frisbee, para tal finalidade vos deixo os seguintes exemplos: 1. Frisbee con platos de plástico. 2. Frisbee con papel. 3. Frisbee con cartón 4. Frisbee con plato y mangueira Unha vez fabricados os vosos frisbees podedes practicar diferentes formas de lanzalos, para o cal vos deixo o seguinte documento con videos de diferentes tipos de lanzamentos. Podedes acceder ós mesmos escaneando o código QR. Lanzamentos de frisbee. Este implemento tamén é o protagonista de deportes tan impresionantes coma o ultimate ou o frisbee golf , ou de manifestacións artísticas como o