Entradas

PATIOS DINÁMICOS, ACTIVOS E INCLUSIVOS

Imagen
Durante todo o curso contamos con actividades no tempo de recreo para aumentar a cantidade de actividade física do noso alumnado. Os Luns: Patíos Inclusivos (Dirixidos principalmente polo alumnado de 6º curso) Os Martes: Patios cooeducativos (con xogos alternativos) Os Mércores: Pátios dinámicos (Educación Infantil) Os Xoves: Clube de xadrez e baile. Os venres: Clube de Baile en infantil Durante toda a semana houbo préstamos de material deportivo nos recreos e bicicletas e patinetes en Infantil.  

VISITA AO ROCÓDROMO

Imagen
 A pasada semana os/as alumnos/as do segundo ciclo puideron disfrutar dunha clase teórico-práctica sobre escalada gracias a colaboración da Agrupación de Montañeiros Independientes. Moitísimas gracias¡¡¡  

PRIMEIROS AUXILIOS

Imagen
 Para conmemorar o Día Mundial da Saúde (que este ano é o contido do PDI do centro), tivemos unha secuencia de aprendizaxe relacionada cos primeiros auxilios. Primeiro aprendimos a importancia de chamar ao 112 e logo algunhas das actuacións máis importantes en caso de emerxencia. Foi moi especial para os máis pequenos xa que puideron salvar aos seus peluches favoritos!!

RECREA ENKI NO TEU COLE

Imagen
 Outra actividade da que podemos disfrutar case todos os anos e que cada ano nos sorprende con novos obstáculos e experiencias. Que ben o pasamos e que necesario e concienciar sobre os obstáculos que teñen as persoas con diversidade funcional!!

Xogos do Magosto.

Imagen
 Este ano voltamos a desfrutar dunha actividade que xa forma parte da programación todos os anos. Moitas grazas ao alumnado da Universidade Laboral por colaborar novamente nesta aventura!!

Tiro con Arco

Imagen
 Desta vez visitounos o Club de tiro con arco de Cambre. Fixemos moitas dianas!!!

Esgrima.

Imagen
 Seguimos disfrutando de visitas moi especiais que nos amosan novas actividades para empregar no nosos tempo libre. Esta ven tocounos probar a esgrima!!!

BALONMAN CULLEREDO 2024/25

Imagen
 Comeza o curso e tamén as escolas deportivas do Balonmán Culleredo no colexio de Tarrio. Para ensinarlle ao alumno de que vai este deporte pasaron algúns adestradores a amosarnos o ben que o pasan.  

PATIOS DINÁMICOS E INCLUSIVOS

Imagen
 Durante todo o curso puidemos disfrutar dos patios dinámicos. Este ano dividiuse o patio en diferentes zonas: zonas con balóns, zonas de xogo de mesa e futbolín, zona de xogos coeducativos, zona de xogos con implementos, avións, zona de baile, etc. A maiores tivemos un servizo de préstamo bastante completo (zancos, cordas, avións, diábolos, botis...). A verdade que todos nos divertimos moito nos recreos!

XOGOS COEDUCATIVOS

Imagen
 Unha vez que mellorou a climatoloxía puidemos desenvolver unha pequena oferta de xogos coeducativos que desexamos que se extenda para os próximos cursos. Neste caso practicamos datchball e pinfubote.